DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2009
Cumpríronse os pronósticos e Ramón Piñeiro,que fora o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, foi o homenaxeado no Día das Letras Galegas. O plenario da Real Academia Galega decidiuno pola dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galicia e da súa cultura que debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria cara ás novas xeracións.
Os seus traballos sobre pensamento e filosofía, dedicados maioritariamente " saudade", así como as súas traducións supuxeron un "paso decisivo" para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, indica a Academia.
Como director literario da editorial Galaxia, tamén contribuíu á publicación de numerosos libros en galego e encheu un baleiro "como ningunha outra institución", nos anos anteriores á transición democrática.
Piñeiro tamén destaca como animador cultural galeguista, ante o que a RAG cita actividades tan singulares como a colección Graal e a Revista Galega de Cultura, que recolleu a maioría do traballo ensaístico galego da postguerra.
No noso Instituto estivemos de celebración, e tivemos exposta unha colección de pedras conmemorando a cada un dos homenaxeados durante estes anos no 17 de Maio, Día das Letras Galegas.
0 comentarios